EN-RODA

EN- RODA é un proxecto que ten como obxxectivo achegar aos nenos ao mundo das danzas en todas as súas expresións e formas. Certamente non vai ser a escola o lugar onde se adquiran as técnicas necesarias para ser danzantes, en primeiro lugar porque non temos os coñecementos necesarios e sobre todo porque non é a finalidade da educación obrigatoria, senon que é competencia de escolas de ensinanzas artísticas.

O que si é certo e está comprobado por pedagogos e estudosos do ámbito educativo, é a importancia da música e da danza no desenvolvemento integral dos nenos nas idades iniciais e medias, por non dicir ao longo de toda a súa vida.

A danza tivo al longo da historia diferentes  campos de acción nas relación humanas e do sentir natural interno das persoas. Seguindo a Batalha (1983) catro son as dimensións da danza:
  • Dimensión de ocio
  • Dimensión terapeútica
  • Dimensión artística
  • Dimensión educativa                                            
Anque todas elas son moi interesnates a miña referencia está por suposto na dimensión educativa, centrada en alcanzar conseguir as  competencias necesarias para o desenvolvemento do alumno dentro do ámbito das aprendizaxes  básicas necesarias para un desenvolvemento integral  e funcional.

A danza que engloba todas as características da música e do movemento é un medio "natural" que como tal axudará ao neno dende a nenez a alcanzar as funcións propias do seu desenvolvemento intelectual e emocional:
  • o coñecemento de si mesmo e do seu entorno
  • o desenvolvemento motriz
  • función lúdica- recreativa
  • afectiva emocional e de comunicación
  • estética e expresiva
  • e función cultural
A danza para que teñe valor pedagóxico debe  cumplir estas funcións e ser impartida  no ámbito escolar para todos os alumnos.

EN-RODA (estructura habitual de desenvolverse a maior parte das danzas do mundo) quere ser  un lugar na educación dos meus alumnos e de todos aqueles que se queiran achegar a danza nas súas diferentes estilos, expresións e formas.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario